lunes, 25 de mayo de 2015

O NENO TEN SONIÑO.....CANTO DE BERCE




Unha cantiga de berce, arrolo ou anaina é unha canción relaxante de ritmo suave, empregado para facer durmir os nenos. Practicamente cada cultura musical ten as súas propias formas de arrolos, adaptadas as súas particularidades musicais.
En occidente a música das cantigas de berce adoitan a ser repetitivas e de ritmo lento, o que facilita a súa interpretación con abondosas melismas. En ocasións úsanse melodías que se empregan noutros ámbitos, tirándolle o cambiándolle a letra. A súa temática é moi variada: a ausencia dos pais, o medo, as preocupacións e traballos da nai, ... Non era raro falarlles de cousas que lles asustaban como animais (lobos e outras feras) ou seres fabulosos. Hai as letras nas que a nai avisa, de xeito mais ou menos claro, o seu amante que non soba, posto que o marido está na casa:
As estrofas poden estar previamente definidas ou improvisarse no momento, normalmente sobre estruturas xa construídas, paralelismos ou variando outras xa coñecidas. Non ten un ritmo característico nen unha estrutura ríxida. Dado que a finalidade é durmir o neno, poden repetirse estrofas ou incluír en ocasións pequenas frases musicais tararexadas máis curtas ou murmurios suaves, que seguen o ritmo da estrofa principal.
Créese que os cantos de berce lévanse empregando dende antigo. O arrolo latino 'Lalla, Lalla, Lalla, aut dormi, aut lacte' (Ou choras ou mamas) aparece como un escolio de Aulus Persius Flaccus, e pode ser a máis antiga das conservadas. En 1072 o escritorio turco Mahmud al-Kashgari fala dos cantos de berce turcos chamados 'balubalu' no seu libro 'Dīwānu l-Luġat al-Turk'. Tamén se especula que o termo inglés lullaby proceda de "Lilith-bye" or "Lilith-Abi" (en hebreo, "Vaite, Lilit"). Segundo a tradición xudía Lilit roubaba os nenos pola noite. Moitos versos medievais que falan do nacemento do neno Xesús pasaron a cultura popular con forma de arrolos.



E ru  e ru

Este neno ten soñino,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non o pode abrir

E ru, e ru
meu corazón
durme, neniño
que aí vén o cocón

Esta neniña ten sono
o soniño non lle vén
vente sono, vente sono
que ela durmir dorme ben



No hay comentarios:

Publicar un comentario